Archivo mensual: noviembre 2012

Despois de recibir o material médico das casas, velo, ver para que servía, manipulalo e investigar sobre el, preparamos o noso recuncho do centro médico para ir ensaiando antes de recibir pacientes de verdade, agora mesmo temos aos médicos na etapa do MIR. Recibimos xa ao noso primeiro paciente que foi un dos bebés da clase. Perdoade o audio porque coma todos estás en recunchos hai moito balbordo de fondo e non se escoita ben aos médicos. Resúmovos os acontecementos. O bebé chora toda a noite e lévanno ao médico. Coma nos non temos crise hai tres médicos para atender ao bebé, porque a mamá acaba tamén sendo médico. Ten un brazo hinchado e hai que vendarllo, tomarlle a febre, a tensión, poñerlle moitas pinchas e, finalmente, deixalo ingresado. Iso si, o bebé está moi ben criado e non protestou nadiña de nada.


Os sapiens esta semana recibiron unha sorpresa de nadal moi especial. A familia de Gael quixeron agasallarnos cunha fermosa árbore de Nadal cunhas bólas moi personalizadas para todos os sapiens e para os seus amigos Brais e Marta. Ahhhh!!! E para Luisa tamén!!!

Aínda está sen rematar pero queremos amosarvos o bonita que xa está . Mirade que sorpresa tan bonita e tan doce…


Aínda que non temos PDI, os pequenos sapiens tamén xogan na clase coa súa, aínda que é moi particular. Estes días andan liados xogando coas súas fotos e cos seus nomes, polo que a profe preparou unha serie de actividades moi divertidas e xogamos entre todos ao mesmo tempo que aprendiamos os nosos dos nosos compañeir@s. Pero que maiores xa son!!!


Lembrades que fai unhas semanas as Cocoricos fixeron homes coas pezas de construir e publiquei so fotos porque quedara sen batería na cámara? Esta semana repetimos a experiencia pero, claro, cun pouquiño máis de dificultade. Fixemos equipos de 4 membros. Cada equipo debía escoller un responsable de buscar as pezas que precisaban. Tiñan que facer un home entre todos e, despois, pasalo a papel. Igual vos parece fácil pero isto de pasar a papel o que está en tres dimensións é moi complexo e aínda que algúns o fixeron a primeira outros despois de varios intentos acabaron con debuxos que non se parecían ao seu home e eran quen de recoñecer que non se parecían pero non sabía como arranxalo. Estade atentos porque xa estou pensando en darlle unha volta máis a actividade.


Os sapiens pouco a pouco van afondando no tema do corpo e xa saben moitas cousas. Nesta ocasión xogamos coas etiquetas das partes do corpo que debiamos colocar na silueta que estiveramos a preparar durante semanas coa axuda de todos. Gael presentóuse como modelo para facer a figura e logo uns pintaron os pantalóns, outros axudaron a pegar papeliños na camiseta, outros colorearon a cara e as mans e outros déronlle forma aos zapatos. Logo completamos a cabeza co pelo, os ollos, a nariz e a boca. E cando o noso boneco estivo feito saímos ao corredor para darlle os últimos retoques e colocar as etiquetas cos seus nomes. Foi moi divertido e estivemos moi atentos para colocar cada cousa no seu lugar correcto.


O venres os peques de Reboreda puideron asistir a un contacontos moi especial. Camilo, membro da asociación de xordos de Vigo, contóunos o conto “Un culete independiente” utilizando a linguaxe de signos xa que moitos dos peques xa son todos uns expertos na linguaxe de signos. Pero xa non digo nada máis para que vexades que atentos e participativos estiveron todos os peques.


Este xoves retomamos as clases de bimodal coa profe Alejandra. Estivemos aprendendo o nome das froitas e despois xogamos ao bingo para ver se sabiamos todos os signos. Coma temos moi boa memoria e aprendemos moi rápido tamén quixemos saber os signos das nosas comidas favoritas. Estade atentos e practicade tamén vos esta nova tanda de bimodal.



A %d blogueros les gusta esto: