Archivo mensual: diciembre 2012

Uns días antes de ir de vacacións recibistes unhas postais que fixeron os Cocoricos na aula. Primeiro tivemos que preparar a postal, poñer a silueta da nosa man, picar o sombreiro e decorar a Papa Noel. Despois viña a segunda parte, escribir as postais. Nesta ocasión cada un escribiu como sabía, pensando no quería por e tentando poñelo so. Foi incrible ver o concentrados que estaban.

Non podedes comparar coma escriben uns ou outros porque iso depende do seu punto de madurez, do que se trata é de ver se desenvolven e os seus procesos mentais.

No vídeo pódense ver todos os momentos anteriores a escritura: os que escriben moitas letras porque cren que o que importa é a cantidade, os que poñen letras sen intención comunicativa, os que están na etapa vocálica e poñen todas as vogais do que queren escribir e os que xa son quen de escribir as vogais e as consonantes e poñer mensaxes totalmente lexibles.

De todos os xeitos, TODOS O FIXERON XENIAL, E NON ESQUEZADES QUE FOI A PRIMEIRA VEZ QUE ESCRIBIRON SOS, SEN AXUDA DA PROFE NIN APOIO VISUAL.

Anuncios

Na última sesión de bimodal deste trimestre non vimos signos novos, senón que aproveitamos para facer un xogo de percepción visual. Xogamos as diferenzas sendo nos mesmos os protagonistas do xogo. Había que fixarse primeiro na parella que estaba no medio, pechar os ollos e descubrir que cambiara. Parece sinxelo pero non o é tanto. Mirade, mirade!!!


Os Sapiens queren desexarvos un Bo Nadal cunha postal chea de bos desexos para o ano que ven.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own picture slideshow

A profe Vero fixo unha entrada moi chula e moi ben organizada pero os sapiens tamén queremos deixarvos o seu vídeo da panxoliña no festival de Nadal da nosa escola.


Este ano, os nen@s de Educación Infantil, coa axuda da profe Alejandra, preparamos a panxoliña Borboleta Pequenina en bimodal. Despois de moitos días de ensaio cantamos e signamos para todo o cole e, fixémolo xenial. Aquí vos deixo un wix onde tedes a panxoliña, aos presentadores que foron Iago e Paula dos Waters e aos Cocoricos ensinándovos todos os signos que saen na canción. Clicade na imaxe para poder acceder ao wix.

WIXBORBOLETA

Así mesmo, aquí vos deixo unhas fotos moi simpáticas dos Cocoricos coa antes de subir ao escenario. Espero que vos gusten.

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow generated with Smilebox

Os últimos días os sapiens estiveron moi liados preparando os adornos de nadal para o corredor, a preparación do belén, a panxoliña para o festival de nadal da escola, escribindo a carta a Papá Noel, porque así foi como decidiron os sapiens. Cando chegou o paxe real quedamos tan abraiados e non sabiamos que dicir. Mirade como foron todos os preparativos e como foi a chegada do paxe.


Antes de marchar de vacacións os peques de Reboreda reuníronse para celebrar unha vez máis a súa particular festa dos aniversarios. Nesta ocasión na clase dos sapiens tiñamos un homenaxeado, Jose Luis, que xunto a Elena, Roi e Gabriel fixeron cariñas de Papá Noel, con quexiños, nata e boliñas de chocolate. E para completar a merendola tomamos o que nos sobrou dos aguinaldos. Mirade que ben o pasamos tod@s xuntos!



A %d blogueros les gusta esto: