Uns días antes de ir de vacacións recibistes unhas postais que fixeron os Cocoricos na aula. Primeiro tivemos que preparar a postal, poñer a silueta da nosa man, picar o sombreiro e decorar a Papa Noel. Despois viña a segunda parte, escribir as postais. Nesta ocasión cada un escribiu como sabía, pensando no quería por e tentando poñelo so. Foi incrible ver o concentrados que estaban.

Non podedes comparar coma escriben uns ou outros porque iso depende do seu punto de madurez, do que se trata é de ver se desenvolven e os seus procesos mentais.

No vídeo pódense ver todos os momentos anteriores a escritura: os que escriben moitas letras porque cren que o que importa é a cantidade, os que poñen letras sen intención comunicativa, os que están na etapa vocálica e poñen todas as vogais do que queren escribir e os que xa son quen de escribir as vogais e as consonantes e poñer mensaxes totalmente lexibles.

De todos os xeitos, TODOS O FIXERON XENIAL, E NON ESQUEZADES QUE FOI A PRIMEIRA VEZ QUE ESCRIBIRON SOS, SEN AXUDA DA PROFE NIN APOIO VISUAL.

Anuncios