Archivo mensual: enero 2013

Esta semana da sesión de bimodal aprendemos moito vocabulario así que partín o vídeo en varios e vounos ir sacando aos poucos segundo vaiamos avanzando. O primeiro vídeo é o vocabulario referido aos Trogloditas xa que é o noso disfraz deste ano no entroido e o novo punto de partida do proxecto que levaremos a cabo este trimestre.


COINCIDINDO CO DÍA DA PAZ, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE XANEIRO. NESTA OCASIÓN FIXEMOS UNHA TORRADA CON PAN DE MOLDE, MARMELO DE AMORODO E UNHA DECORACIÓN CON BÓLAS DE CHOCOLATE. ESTABAN MOI BOAS. PARA REMATAR CANTAMOS E… NON PODÍAN FALTAR OS FOGUETES!!!!


Os Cocoricos celebramos o día da paz facendo collares pacíficos e cantando a canción da paz.


AQUÍ VOS DEIXAMOS A CANCIÓN DA PAZ SIGNADA PARA QUE TODOS POIDAMOS ENSAIALA!


Nun novo correo, os sapiens pouco a pouco van descubrindo que fan os seus compañeiros no seu tempo de lecer ou cales son as súas cousas favoritas. Nesta ocasión Yerón foi o afortunado en recibir un novo correo. Púxose tan contento e nervioso que non puido parar de saltar e moverse mentras nos amosaba un montón de fotografías moi persoais. Pasámolo xenial coas súas fotos porque algunhas delas estaban relacionadas cun dos temas favoritos dos sapiens, os dinosaurios. Foi fantástico!!!


OS COCORICOS B, Á VOLTA DO NADAL, TIVEMOS UN PEQUENO PROBLEMA COS REGALOS… NON APARECÍAN POR NINGUNHA PARTE!! E TIVEMOS QUE PENSAR COMO “MAG@S” PARA DAR COA SOLUCIÓN.
TAMÉN VOS DEIXAMOS UN CREBACABEZAS DO NADAL, CO QUE DEIXAMOS VOAR A NOSA IMAXINACIÓN.


Na sesión de bimodal desta semana a profe Alejandra traballou connosco a canción que imos cantar o día da paz. Primeiro aprendemos os signos por partes, logo fixémolos todos coa letra da canción e, finalmente, escoitamos a música e tentamos signar. Aínda estamos verdes porque era a primeira vez que escoitabamos a música, o día da paz sairá perfecto.



A %d blogueros les gusta esto: