Os meus pequenos sapiens cada día están máis integrados nas actividades da aula e da escola, por iso hoxe quero ensinarvos o ben que escoitan os contos. Todos os días antes de marchar temos un ratiño de relax ecoitando fermosas historias. Nesta tempada tocaban contos de Nadal e estamos a probar a ver os contos dun xeit diferente, proxectados na pantalla e con voz. Mirade que atentos e caladiños están os meus grandes peques!!!

Anuncios