Pouco a pouco as familias dos sapiens vannos amosando un anaquiño das súas vidas, as cousas favoritas, como pasan o seu tempo de lecer durante a fin de semana ou nas vacacións, preséntanos aos seus amigos e familiares, e por suposto…. as súas mascotas.

Nesta ocasión Iris quixo felicitarnos o nadal pero como estivo maliña antes das vacacións non puidemos ver o seu correo así que tivemos que esperar ata despois das festas para ver o guapa que estaba co traxe de mamá Noel. Ata posaba como unha verdadeira modelo de pasarela!!! Explicou tan ben as súas fotos que lle demos un gran aplauso. Estade atentos o vídeo porque estivo xenial.

Anuncios