Esta semana seguimos aprendendo e experimentando coas cores. Aprendemos cales eran as cores frías e cales as cálidas. Despois fomos a mesa para pintar unhas siluetas parecidas as que fai Hervet Tullet. Nesta ocasión e ao contrario da semana pasada, non podiamos misturar as cores. Podiamos pintar cada silueta dunha cor pero sen misturar. Aconteceu unha cousa moi curiosa, para calquera de nós, os adultos, estaría moi claro cales eran as figuras pero coma unhas entraban dentro doutras, eles non tiñan claro onde comezaba unha e onde comezaba a outra así que coma non podían misturar as cores, cada quen atopou unha solución ao seu debuxo, algúns pintaron as dúas figuras unidas da mesma cor, así non se misturaban as cores porque usaban a mesma, outros entendían que había máis figuras, xa que a parte que coincidía con dúas figuras entendían que era un elemento novo e usaban unha cor distinta para esa parte, outros entendían que o fondo era todo o espazo onde non había figuras, mentres que outros consideraban que non había un fondo e cada oco sen figuras ia dunha cor. Así que partindo da mesma lámina sairon cadros totalmente distintos. Pero, estade atentos ao vídeo porque todos estaban facendo a mesma creación sen sabelo. Espero que vos guste!!! E noraboa aos Cocoricos pola súa creatividade.

Anuncios