A semana pasada no noso taller de cociña fixemos pizza. Esta semana tocábanos facer a receita para o noso libro. Empezamos na pantalla todos xuntos e logo na folla. Fixémolo en dous días porque a pizza levaba moitos ingredientes e custounos moito escribilos, ademais, tivemos un pequeno problema porque había que separar os ingredientes da masa dos da base e, aínda que eu cando preparei a ficha pensei que era sinxelo a eles custoulles moitísimo. O día seguinte refixen os pasos da receita e xa nos saiu moitísimo mellor.

 

Anuncios