Archivo mensual: febrero 2013

A profe Patri, na sesión de estimulación da linguaxe, seguiunos contando as aventuras de Vermiño e os seus amigos. Por fin, despois de moitos días de camiño os animais chegaron a granxa e tiveron que axudar a Lúa a coidar dos animais. Así é un día de traballo na granxa de Lúa.


Iris cumpríu 4 anos onte polo que quixo convidar aos seus compis a unhas delicosas tartas de queixo que fixo coa súa mami. Estaban moi ricas e os peques non deixaron nin unha miguiña.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
A free digital scrapbook by Smilebox

Coma xa sabedes por veces anteriores despois de cociñar tócanos facer a receita para o noso libro. Primeiro lembramos entre todos e escribímola na pantalla dixital e logo cada un fai a súa receita na mesa e fai un debuxo do que cociñamos. Estes Cocoricos cada día saben máis letras e precisan menos da miña axuda, da gusto velos medrar e aprender así.


Este mes no taller de cociña dos Cocoricos fixemos Cookies de Chocolate. A idea orixinal era facer cupcakes pero vai quedar para máis adiante. Os Cocoricos estiveron moi atentos e tiveron que usar o vaso medidor e a barilla para facelas. A verdade é que nos quedaron riquísimas. Aquí tedes un resumo de como o fixemos.


Dez dos sapiens participaron no vídeo oficial do cole para homenaxear a Rosalía de Castro. O resto non quixo, dáballe vergoña pero unha vez que viron gravar o vídeo dos compañeir@s gustoulles a idea polo que voltamos a gravar a noso particular recitado cos que faltaban. Queredes velo??? Ao final resultou perfecto porque todos estaban moi emocionados e fixérono xenial. Noraboa peques!!!


Os Cocoricos comezamos un novo miniproxecto, partindo dunha idea da profe Rosa, onde, cada semana, teremos un protagonista que nos ensinará as súas fotos, algunha cousa que lle guste moito e todo aquilo que nos queira contar. Aproveitaremos esta oportunidade de coñecernos para mellorar a nosa forma de expresarnos, para aprender a contar cousas de xeito ordenado, para aprender a escoitar… Completaremos o proxecto incluindo a expresión artística pintando a silueta do protagonista, medíndoo, pesándoo e agasallándoo cun debuxo.

Álvaro foi o primeiro e explicounos xenial as súas fotos, xogamos co seu bebé can que facía pis  e pasámolo ben facendo a súa silueta. Aquí tedes as aventuras de Álvaro.

PRIMEIRA PARTE

SEGUNDA PARTE

 


Gustáronvos as fotos? Queredes ver máis? Pois atentos, atentos que isto soamente está a empezar.

Na primeira consulta, estes sapiens, conseguiron deixarme coa boca aberta e a Luisa tamén. Fixérono como uns expertos profesionais. O doctor Íker estaba moi serio e concentrado porque a súa labor así o requería e a enfermeira Julia, moi atenta seguía as instruccións do doctor. E que dicir dos pacientes!!! esperaron pacientemente na sala de espera sen rechistar e moi concentrados en lecturas variadas.

As exploracións foron moi completas: Analíticas, vendaxes, observacións de oídos, gorxa, tomas de febre, medidas de altura e de peso, ascultacións do corazón,… Ahhhh, xa estades desexando velos en acción??? Pois clicade xa neste vídeo tan chulo porque os sapiens tamén vos queren deixar a vós coa boca aberta…



A %d blogueros les gusta esto: