Así como chegamos das vacacións do Nadal tivemos que poñernos a traballar arreo para dar vida e forma ao entroido. Nesta ocasión e dacordo co proxecto anual da escola: “O home, ese ser extraordinario”, os peques da escola queren comezar a coñecer ao home dende as súas orixes despois de descubrir o seu corpo por fóra e por dentro. A prehistoria será o nosa nova viaxe educativa, polo que no entroido decidimos disfrazarnos de “Trogloditas”.

Para poder levar a cabo a nosa meta necesitamos da gran axuda das familias e creamos diferentes obradoiros. Primeiro para preparar os materiais que necesitaremos para dar forma ao noso disfraz e logo xunto cos peques faremos os nosos traxes de trogloditas e complementos con materiais de refugallo, como: porespan, materiais aislantes da construcción, bolsas do lixo, aironfix,… Queredes ver como traballaron tod@s nestes obradoiros? Pois atentos, atentos que isto xa comeza…

Anuncios