Despois de tantos preparativos chegou o día esperado, o desfile da escola. Así que o venres chegamos todos vestidos de negro e como dicía o meco, disfrazámonos coa nosa clase do que nos deu a gana, e logo de tantos preparativos e obradoiros os peques de escola quixeron homenaxear aos primeiros homes do mundo, aos cavernícolas ou tamén chamados “trogloditas”. Foi un día redondo, porque: comemos orellas de entroido, vestímonos como verdadeiros trogloditas, saíu o sol e poidemos gozar cun fermoso desfile polos camiños de Reboreda. Bailamos, tentamos cantar as nosas cancións, corremos e camiñamos como verdadeiros homes prehistóricos. Graciñas a todas as familias por pasarme fotos tan divertidas como as que aparecen neste vídeo. Noraboa!!!

Anuncios