Os Cocoricos seguimos a traballar cos números. Nesta ocasión traballando tamén o pensamento lóxico. Puxemos na Pantalla Táctil un sudoku con números dende o 1 ata o 6, nunha das liñas so faltaba un número e foi pola que comezamos, pero no resto había, como mínimo, dous ocos, así que tivemos que lembra as regras do sudoku e ir descartando opcións. E unha vez máis, eses peques fixéronno xenial. Mirade a vídeo e coma pasan de estar perdidos e sen ter moi claro o número que vai, a saber cal é o número de xeito inmediato.

Anuncios