Os peques de escola medraron moitísimo neste últimos meses, son capaces de facer moitísimas cousas e algunhas moi complicadas, como por exemplo: A lectura silenciosa. Consiste nunha actividade de fomento da lectura na que os xoves e os venres toda a escola está 20 minutos en silencio lendo. Soa unha música moi relaxante e comezan uns minutos deliciosos de viaxes fascinantes polo mundo dos libros, contos, revistas, folletos,……. Os sapiens dende os primeiros días entenderon moi ben as regras desta actividade e fanno xenial. Queredes velos??? Pois atentos e caladiños que comeza a sesión de lectura……………..

Anuncios