Os Cocoricos comezamos un novo miniproxecto, partindo dunha idea da profe Rosa, onde, cada semana, teremos un protagonista que nos ensinará as súas fotos, algunha cousa que lle guste moito e todo aquilo que nos queira contar. Aproveitaremos esta oportunidade de coñecernos para mellorar a nosa forma de expresarnos, para aprender a contar cousas de xeito ordenado, para aprender a escoitar… Completaremos o proxecto incluindo a expresión artística pintando a silueta do protagonista, medíndoo, pesándoo e agasallándoo cun debuxo.

Álvaro foi o primeiro e explicounos xenial as súas fotos, xogamos co seu bebé can que facía pis  e pasámolo ben facendo a súa silueta. Aquí tedes as aventuras de Álvaro.

PRIMEIRA PARTE

SEGUNDA PARTE

 

Anuncios