Archivo mensual: marzo 2013

Despois de estar traballando case todo o curso ao redor do corpo quixemos afondar un pouquiño máis os nosos coñecementos corporais e de saúde. Rosa, a nai de Lía e de Yago, sabía moitas cousas sobre o coidado dos ósos e dos músculos porque é fisioterapeuta, así que chamámola para que nos dese unhas sinxelas recomendacións para o coidado da nosa espalda.

Ensinounos unha columna vertebral e explicounos o seu funcionamento. Logo comezou a parte máis práctica cunha serie de recomendacións posturais, nas que temos que dar boa conta para non ter dores de espalda dentro de pouco. Ensinounos a sentarnos correctamente nas cadeiras, como debemos estar sentados ante a pantalla do ordenador, como debemos coller pesos, como debemos estirarnos para coller cousas que están moi altas ou como debemos levar as mochilas da escola. Unha serie de recomendacións moi importantes tanto para nen@s como para os maiores. Así que familias tede coidadiño porque agora os vosos peques van estar moi atentos a como colledes pesos, como levades as bolsas da compra ou como vos sentades no sofá.

E se queredes aprender un chisquiño………….. observade atentamente e practicade un pouquiño como fixeron os peques nesta entretida sesión de hixiene postural con Rosa.

Anuncios

Axudades a este robot a mellorar os seus coñecementos matemáticos. Clicade e a ver que tal vos vai.

mateLembrade no apartado de JUEGOS tedes moitos máis, incluido a Casa dos Xogos chea de xogos para aprender as letras, colorear e moitos máis. Aproveitade que queda pouco.


Cando fomos ao salón do libro, na máquina de crear contos saíronnos catro palabras coas que tiñamos que crear unha historia e mandala ao salón do libro antes do día 18. As palabras que nos sairon foron: A NOITIÑA, COCIÑEIRA, NAMOROUSE E NEUMÁTICO VELLO.
Xuntamos aos Cocoricos A e B e xuntos crearon a seguinte historia.


Os nosos peques son uns artistas co rato do ordenador pero, de cando en cando, aínda se atranca un pouco. Imos mellorar con este xogo onde cada personaxe nos obriga a mover o rato, iso si, tendo que darlle a cabeciña primeiro. Espero que vos guste.

rato


Coma sabedes de cando en cando os Cocoricos resolven sudokus na pantalla. A semana pasada demos un paso máis e decidimos resolver sudokus pero, desta volta, na mesa e por parellas. Na pantalla, facendo entre todos e tendo os números ben grandes é sinxelo, pero na mesa as liñas e os cadrados parecen moverse e custa máis. Aínda así os Cocoricos puxeron as súas cabeciñas a pensar e fixéronno moi, moi ben.


Antes de marchar de vacacións Aarón quixo deixarnos un doce sabor de boca cunha riquísima tarta da avoa. Pasou toda a tarde cociñando xunto coa súa familia para compartir con tod@s os sapiens esta vella receita. Así derón ben conta da tarta estes pequenos lambóns…

Click to play this Smilebox photo album
Create your own photo album - Powered by Smilebox
This photo album customized with Smilebox

Se tedes visitado o apartado de xogos da barra lateral dereita xa veríades que hai algúns xogos novos. Nestes días de vacacións vos presentamos algúns para que xoguedes e sigades aprendendo. Tédelos todos na barra lateral. Clicade é a xogar.

victor



A %d blogueros les gusta esto: