A semana pasada o noso protagonista foi Roi. Fíxoo moi ben a pesar de que tivo que contarnos as fotos dúas veces por problemas coa cámara. Veu cargado cunha chea de fotos moi simpáticas, ademais, nas fotos había moitos dinosaurios e aproveitamos para repasar o que xa dimos deles. Despois das explicacións fixemos a silueta de Roi, debuxámolo, medímolo, pesámolo… E, finalmente, xogamos as cartas. Iamos xogar ao chinchón pero coma non tiñamos as regras claras fixemos un xogo máis ao estilo dos Cocoricos. Aquí tedes un resumo de “Roi o aventureiro”

PRIMEIRA PARTE

SEGUNDA PARTE

Anuncios