Mes novo e coma xa din os Cocoricos, calendario novo. Este mes introducimos o control da temperatura, dentro e fóra da aula. Para iso puxemos dous termómetros, un dentro e outro fóra e puxemos unha nova páxina no calendario da pantalla onde escribir a temperatura. O encargado fíxoo moi ben. Na mesa tamén puxemos a temperatura no noso calendario.
Pero, ademais, fixemos a nosa primeira estatística climática. Fixemos unha copia do control atmosférico que facemos nas rutinas diarias e tiñamos que interpretala. Para iso contamos os días que fixo sol, os que fixo nublado… Contamos tamén os días que anotamos o tempo e os que non. Cada mes iremos complicando un pouco o control, así traballamos as mates aproveitando algo tan cotiá coma o tempo. Os Cocoricos fixéronno xenial. Mirade, mirade!

Anuncios