No noso recuncho xa temos unha cova pero a nosa cova estaba falta de vida. Investigando cousas dos trogloditas descubrimos que lles gustaba moito pintar. Claro que non tiñan pinturas, nin lapices, nin sequera papel así que pintaban nas paredes facendo cores con restos de pedras, barro ou cinzas.

Os Cocoricos decidimos que se queriamos ser uns auténticos trogloditas tamén tiñamos que facer eses debuxos, chámanse pinturas rupestres, e puxémonos mans a obra. Igual pensades que é sinxelo pero non ter con que pintar da moito que pensar, senón mirade a Alba cantas voltas da para poder pintar unha man e, logo, coma Paula a primeira de cambio, atopa a solución máis sinxela.

Para que este fin de semana de choiva se vos faga máis levadeiro e sigades aprendendo aquí vos deixo un xogo ao que xa xogamos os Cocoricos na clase que consiste en formar o dinosaurio a partir dos fósiles, hai que escoller a cabeza, corpo e cola correcta para ver o dinosaurio. Clicade e a xogar!

JUEGODINOS

Anuncios