A nosa protagonista da semana pasada foi Alba. Trouxo un vídeo cunhas fotos moi interesantes e contóunolas moi ben. Estivemos moi atentos e fixemos comentarios e preguntas coas fotos que máis nos chamaron a atención.  Nesta ocasión as fotos xa viñan maquetadas nun vídeo así que Alba foi parando o vídeo para comentalas. Fíxoo xenial.

 

Despois das fotos Alba amosounos un robot teledirixido e todos quixemos xogar un pouco con el. O día completámolo facendo a silueta, medíndoa, pesándoa e debuxándoa. Desta volta esquecinme de facerlle fotos aos debuxos dos Cocoricos para Alba, pero, coma sempre, escribíronlle o que quixeron e debuxáronna moi ben. Noraboa a Alba que foi unha gran protagonista!

Anuncios