Comezamos esta semana recibindo a un contacontos e seguimos visitando o salón do libro. Estanos quedando unha semana moi literaria. Os Cocoricos A e B disfrutaron moito coa visita. Tivemos unha monitora moi simpática que nos contou a historia do demo come palabras na máquina de escribir, do inventor Calculín na sala dos engranaxes, tamén nos dixo para que se usaron os primeiros ordenadores, coma se facían fotos fai moito tempo… Aprendemos moito pero, sobre todo, pasámolo xenial. Aquí vos deixamos unha mostra.


Se queredes tedes ata o día 23 para visitar o salón e disfrutar dalgunha das actividades propostas. Clicade na imaxe e iredes a páxina oficial do salón onde tedes o programa con horarios e idades para as que están programadas as actividades.

salonlibro

Anuncios