Estase achegando a primavera e con ela o tempo de sementar. Esta semana aproveitamos para prantar amorodos pero quixemos poñer en práctica distintas teorías. Non sabemos se fará demasiado frío para deixar os amorodos na horta, non sabemos se co invernadoiro medraran antes, non sabemos se na clase saíran amorodos… E con tantas dúbidas… que podiamos facer? Pois comprobalas todas, prantamos na clase, preparamos invernadoiros e prantámolas na horta. Sabemos que os maiores tamén prantamos na súa horta así que logo comprobaremos a quen lle saen antes os amorodos e cales son mellores. Mirade que ben traballaron os Cocoricos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a picture slideshow
Anuncios