O pasado venres, os nenos e nenas de 1º B, quixeron amosarnos dous contos que levaban tempo ensaiando, “O parruliño feo” e “A ratiña presumida”.

Presentáronnos dun xeito moi particular, empregando o recurso do Kamishibai. Os peques estiveron moi atentos porque aínda que case non se escoitaba, todos estiveron mantendo o silencio para poder seguir a trama das historias. Noraboa amiguiños!!! Xa estamos esperando unha nova sesión de contacontos!!!

Anuncios