Este mes a Cocorica Paula estivo de aniversario, xa ten 5 anos. MOITAS FELICIDADES!!!
Normalmente aproveitamos os aniversarios para facer receitas doces pero nesta ocasión quixemos facer algo salGado e aproveitando que estamos en época de semente e andamos cos tomates a voltas decidimos facer unhas xoaniñas moi especiais. Moitos cando chegaron non querían nin probar pero, pouco a pouco, foron picoteando e algúns ata repetiron unhas cantas veces. Estamos contentos porque alomenos conseguimos que moitos probaran alimentos novos e que comeran polo menos unha das verduras propostas. Mirade, mirade!!! Seguro que algunhas familias non van dar crédito co que van ver.

Anuncios