Despois de estar traballando case todo o curso ao redor do corpo quixemos afondar un pouquiño máis os nosos coñecementos corporais e de saúde. Rosa, a nai de Lía e de Yago, sabía moitas cousas sobre o coidado dos ósos e dos músculos porque é fisioterapeuta, así que chamámola para que nos dese unhas sinxelas recomendacións para o coidado da nosa espalda.

Ensinounos unha columna vertebral e explicounos o seu funcionamento. Logo comezou a parte máis práctica cunha serie de recomendacións posturais, nas que temos que dar boa conta para non ter dores de espalda dentro de pouco. Ensinounos a sentarnos correctamente nas cadeiras, como debemos estar sentados ante a pantalla do ordenador, como debemos coller pesos, como debemos estirarnos para coller cousas que están moi altas ou como debemos levar as mochilas da escola. Unha serie de recomendacións moi importantes tanto para nen@s como para os maiores. Así que familias tede coidadiño porque agora os vosos peques van estar moi atentos a como colledes pesos, como levades as bolsas da compra ou como vos sentades no sofá.

E se queredes aprender un chisquiño………….. observade atentamente e practicade un pouquiño como fixeron os peques nesta entretida sesión de hixiene postural con Rosa.

Anuncios