Archivo mensual: abril 2013

Este venres, celebramos xunto con todos os peques de escola o día da árbore. Estabamos moi nerviosos porque ibamos en autobús ata o antigo vertedoiro que agora vai ser un fermoso monte con todas as cerdeiras e outras árbores que alí plantamos. Despois achegámonos ao monte de Miñoteira para recibir os premios do 1º concurso de debuxos e lemas da Comunidade de montes. Todos os debuxos serán expostos polo monte da Miñoteira e pola senda da auga de Reboreda. E para finalizar festa rachada cunha rica merendola e logo xogos campestres entre todos.

Ahí vos deixamos algúns deses fermosos momentos dos sapiens.


As comunidades de Montes tiveron unha gran idea. Fixeron un concurso de debuxo entre os nen@s onde había que debuxar algunha cousa do monte cun lema de coidado do medio ambiente. Aínda que se van premiar os mellores debuxos, o premio é para todos porque todos os debuxos vanse colocar na Miñoteira, en Chan da Lagoa e na Senda da auga. Así vemos o monte os peques de catro anos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow personalized with Smilebox

Un ano máis celebramos o Día do Monte. Este ano tocounos ir a Ventosela. Prineiro fomos o antigo vertedoiro a prantar e despois merendanos e xogamos na Miñoteira. Ademais este ano a Comunidade de Montes fixo un concurso de debuxo e colgaron os debuxos na miñoteira, en Chan da Costa e na Senda da auga. Aquí tedes un resumo.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow customized with Smilebox

Aínda que non tiñamos preparada a nosa lectura, os pequenos sapiens non quixemos perder a oportunidade de falar polo micro e así de ben o fixemos.


A semana pasada a nosa protagonista foi Uxía. Aínda que estaba moi nerviosa fíxoo moi ben e contounos unha chea de cousas. Ata descubrimos que era unha axudante de PAPANOEL porque este está moi maior e precisa axuda para poder facer o traballo nunha soa noite.

Despois medimos, pesamos e fixemos a silueta de Uxía. O resto dos seus compañeiros debuxárona e escribiron algo positivo dela. Moi ben Uxía, estiveches xenial!!


PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, MARGARIDA ABRIU A PORTA DA BIBLIOTECA E DEIXOU QUE OS LIBROS OCUPARAN TODOS E CADA UN DOS RECUNCHOS DO COLE. PASAMOS UN DÍA MOI ESPECIAL LENDO E RECITANDO AQUÍ E ALÁ!! A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA MOSTRA!!


Os Sapiens, como bos trogloditas, están comprobando como era a vida na prehistoria e como, pouco a pouco, os seus homes e mulleres comezaron a fabricar ferramentas, utensilios, armas,… Nesta ocasión, despois de moito pensar e pensar na aula de como era a súa forma de vida, tivemos que comprobalo por nós mesmos.

Primeiro quixemos comprobar como bebían coas mans e iso levounos a razoar o por qué tiveron que fabricar utensilios e recipientes de cociña, descubrimos que beber deste xeito era moi difícil e se queríamos levar a auga dende un río ata a cova ou ata o poboado era moi, moi complicado. Cando chegaban as covas as mans estaban baleiras porque perderan a auga polo camiño. Logo tentamos pescar como verdadeiros trogloditas cunhas lanzas moi artesanais.

Así foron as nosas primeiras experiencias como trogloditas…..


O venres chegáronnos novas sementes para a horta. Chegaron todas xuntas así que tivemos unha chea de traballo. Primeiro falamos do que iamos prantar, de coma o iamos facer e ata fomos a ver coma o fixeran os maiores para poder imitalos naquilo que nos gustase. Unha vez listo comezou o traballo. Agora a ver se hai sorte e os nosos cultivos saen adiante porque, coma nos gusta comprobar todo, temos prantados cultivos en invernadoiro e outras sen invernadoiro para ver cales medran antes. Xa vos iremos contando.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow design


A %d blogueros les gusta esto: