Durante o segundo trimestre non colgamos apenas vídeos de bimodal porque, coma xa vos contara, estabamos metidos nun gran proxecto. Agora podo desvelarvos que ese proxecto foi preparar o conto de Cocorico en bimodal. A profe Alejandra, antes de marchar de baixa maternal deixounos gravado o conto con signos e durante este trimestre, con axuda da profe Alicia (sustituta de Alejandra) e do profe Brais preparamos todo ese vocabulario, adaptamos o conto e, finalmente, gravámolo. Coma fixemos unha chea de actividades e temos bastante material aquí vos deixo un wix co resumo do que fixemos. Espero que vos guste. Clicade na imaxe e navegade por todas as páxinas para ver que fixemos, tamén atoparedes algunhas sorpresa.

WIXCOCORICO

Anuncios