A semana pasada a nosa protagonista foi María. Ela é unha Cocorica moi silenciosa e tímida pero presentando as súas fotos fíxoo moi, moi ben. Había fotos da súa familia, do entroido… pero as que máis son gustaron foron as dos seus animais, ten unha chea deles. Noraboa María.

 


Coma todas as semanas aproveitamos para medir, pesar e facer a silueta de María. Tamén aproveitamos para ver a pelí de Gnomeo e Julieta e xogar coa seta que saia na pelí e que María trouxo ao cole.

Anuncios