Os Cocoricos este trimestre temos un novo miniproxecto en marcha que imos levar a cabo paralelamente co dos dinosaurios. A profe Luisa dos maiores regalounos vermes de seda. Imos crialos e ver como se transforman en bolboretas. Nestas dúas semanas xa medraron pero quedalles aínda moito. Os Cocoricos están entusiasmados e coidanos moi, moi ben. Coma comen sen parar a fin de semana non poden quedar no cole así que van de convidados a un das casas para que os coiden e lles den moreira para comer.
Roi foi o prineiro en levalos e esta semana están na casa de Sandra.
Xa vos iremos contando máis. Seguide atentos.

Anuncios