O venres chegáronnos novas sementes para a horta. Chegaron todas xuntas así que tivemos unha chea de traballo. Primeiro falamos do que iamos prantar, de coma o iamos facer e ata fomos a ver coma o fixeran os maiores para poder imitalos naquilo que nos gustase. Unha vez listo comezou o traballo. Agora a ver se hai sorte e os nosos cultivos saen adiante porque, coma nos gusta comprobar todo, temos prantados cultivos en invernadoiro e outras sen invernadoiro para ver cales medran antes. Xa vos iremos contando.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow design
Anuncios