Os Sapiens, como bos trogloditas, están comprobando como era a vida na prehistoria e como, pouco a pouco, os seus homes e mulleres comezaron a fabricar ferramentas, utensilios, armas,… Nesta ocasión, despois de moito pensar e pensar na aula de como era a súa forma de vida, tivemos que comprobalo por nós mesmos.

Primeiro quixemos comprobar como bebían coas mans e iso levounos a razoar o por qué tiveron que fabricar utensilios e recipientes de cociña, descubrimos que beber deste xeito era moi difícil e se queríamos levar a auga dende un río ata a cova ou ata o poboado era moi, moi complicado. Cando chegaban as covas as mans estaban baleiras porque perderan a auga polo camiño. Logo tentamos pescar como verdadeiros trogloditas cunhas lanzas moi artesanais.

Así foron as nosas primeiras experiencias como trogloditas…..

Anuncios