Archivo mensual: mayo 2013

Se este sábado a mañá queredes facer algo diferente, podedes achegarvos ata o Porriño onde van contar contos en Lingua de Signos. Unha boa oportunidade para ver outro xeito de vivir os contos.

Contacontos LSE

Anuncios

Levamos semanas collendo unha chea de amorodos na nosa horta. Quixemos facer unha receita con eles así que preparamos un xeado con amorodos moi especial. Non fixo falla ir a cociña porque non leva lume. A receita orixinal é coller o amorodo enteiro mollalo en iogur grego e metelo un par de horas no conxelador pero no cole fixemos unha versión do mesmo. Os xeados estaban boísimos.


Fai unhas semanas, David, un antigo alumno, donounos algúns dos seus xoguetes de pequeno porque el xa non os necesita. Trouxo contos, puzles, algúns xogos… No medio do que traia viña un tres en raia xigante, así que a semana pasada sacámolo e aprendemos a xogar todos xuntos. Primeiro botamos unha partida coa profe para practicar e aprender as normas do xogo e logo xa o fixemos por parellas. Xogamos primeiro con supervisión pero logo xa non precisamos axuda de ninguén.

MOITAS GRAZAS A DAVID, DARÉMOSLLE BO USO.

 


A semana pasada a nosa protagonista foi Clara. Foi un pouco improvisado porque tocáballe a Gabriel pero coma estaba maliño Clara ofreceuse voluntaria para contar ela as súas fotos e fíxoo realmente xenial. Estaba un pouco nerviosa e saltando dun lado para outro, aínda así, contounos unha chea de cousas. Mirade, mirade.

 

Despois, coma xa é costume, pesámola, medímola, fixémoslle a súa silueta… Pasámolo xenial. Noraboa a Clara que o fixo estupendamente.


A semana pasada na escola volveuse a celebrar a semana da froita, polo que cada día da semana os pequenos sapiens poideron degustar diferentes froitas desta tempada, como por exemplo: albaricoque, plátano, melón, sandía e mazá. Ao principio a algún costáballe un pouco probar froitas diferentes pero pouco a pouco, ao longo da semana, foron probando e saboreando os sabores refresacantes das froitas desta tempada.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design

OS COCORICOS TAMÉN COMERON MOI BEN A FROITA. AQUÍ OS TEDES.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free digital slideshow

Os Cocoricos levan semanas pintando dinosaurios. Cando rematamos unha ficha ou unha actividade enseguida queren pintar dinos. Fannos de moitos xeitos diferentes e agora a clase está toda chea deles. Aquí vos deixo unha mostra dos moitos que temos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow personalized with Smilebox

Javi e Paula estiveron a cociñar durante toda a fin de semana coa súa familia e quixeron agasallarnos cuns doces moi, moi deliciosos. Rosca, rosquillas da avoa e galletas caseiras. Como eran tantas cousas repartimos os doces para dúas merendolas e pasamos uns momentos moi doces. Mirade que boa pinta!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow created with Smilebox


A %d blogueros les gusta esto: