Coa chegada da primavera, os sapiens quixeron facer un ramo de flores moi especiais coidando o medio ambiente, xa que empregaron materiais de refugallo para darlles forma. Nesta ocasión empregamos os cartóns dos óvos, algodóns de cores e paus de madeira. Pintamos os cartóns e os paus, despois pegamos no centro das corolas os algodóns de cores e follas verdes polo talo. Así foi todo o traballo e o resultado final dunha actividade tan primaveral.

Anuncios