Fai unhas semanas, David, un antigo alumno, donounos algúns dos seus xoguetes de pequeno porque el xa non os necesita. Trouxo contos, puzles, algúns xogos… No medio do que traia viña un tres en raia xigante, así que a semana pasada sacámolo e aprendemos a xogar todos xuntos. Primeiro botamos unha partida coa profe para practicar e aprender as normas do xogo e logo xa o fixemos por parellas. Xogamos primeiro con supervisión pero logo xa non precisamos axuda de ninguén.

MOITAS GRAZAS A DAVID, DARÉMOSLLE BO USO.

 

Anuncios