Archivo mensual: junio 2013

Despois de tanto tempo traballando cos dinosaurios aquí vos dedicamos unha interesante proposta para estes últimos días de xuño. Tedes un espectáculo único no teatro Novacaixa en Vigo. Clicade na imaxe para saber mais.

image

Anuncios

Como punto e final a este curso, os peques de Reboreda fixeron una gran festa de aniversarios cunha merendola moi, moi sabrosa. Chuches, lambetadas, froita, bocatas,… Primeiro preparamos a coroa con motivos veraniegos e brillantes adornos. Mirade que ben o pasaron nesta última festa os sapiens e os cocoricos…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own photo slideshow

Nesta ocasión utilizamos o noso corpo e diferentes técncas plásticas, como por exemplo a estampación con esponxas de diferentes formas. Queredes ver que chulas quedaron? Pois atentos…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow

Esta última semana a profe Luisa de 4º que tamén criou vermes de seda trouxonos os seus vermes a clase. Resulta que despois de que as bolboretas puxeran os ovos estes eclosionaron. Isto é algo incrible, xa que, en condicións normais, os ovos hai que gardalos nun lugar seco ata a primavera seguinte, momento no que nacen os vermes. Pero, non sabemos porque, estes vermes decidiron que querían nacer xa.


Coma sabedes os Cocoricos pasaron todo o ano cocinando. Os obxectivos do taller de cociña son varios, pero, os máis importantes son poder manipular e explorar sensorialmente diversos alimentos, probar cousas novas, transformar os alimentos, usar os alimentos que prantamos na horta… e, ademáis, traballar a lectoescritura de xeito ameno e motivador.

Despois de cada taller fixemos a receita na clase, primeiro en equipo na PDI e logo de xeito individual na mesa.

Agora chega o momento de darlle forma a todas esas receitas e pensamos que o mellor era facer o noso propio libro de cociña. Para facer o libro tivemos que facer unha de chea de cousas: picar, cortar, pintar…

A ver se vos animades e facedes vos as receitas do libro ou outras novas que podamos levar a cabo na aula no vindeiro curso.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow generated with Smilebox

Xa comezou o prazo para as actividades de verán do concello. Clicade para ter mais información. O 26 de xuño remata o prazo, non vos despistedes!

image


Estes días unha das nosas máis serias sapiens recibíu un e-mail moi, moi especial que quixo compartir con todos nós. Estaba moi emocionada pero fíxoo moi ben. Explicou con todo detalle cada unha das fotografías do seu e-mail. Graciñas a toda a súa familia por compartir con todos nós uns recordos tan, tan especiais.



A %d blogueros les gusta esto: