Levaban días esperando a gran saída do curso, o parque de bólas de Indiana Bill (en Ramallosa). Estaban tan ilusionados que nin lles importou a choiva dese día. A viaxe no autobús foi moi emocionante porque era una aventura bastante longa e na que tivemos que pasar por varios tuneis durante o recorrido, e iso molaba moitísimo. Ao chegar tivemos que escoitar as explicacións e recomendacións do encargado do parque para poder xogar sen ter ningún tivo de problema. E cando estivemos listos…….. A XOGAR!!!

Foi case misión imposible facerlles fotos aos meus sapiens porque non paraban quietos nin un segundo e como o parque era tan grande movíanse dun lado para outro sen parar. Pero a pesar de todo ahí vos deixamos este tenro e divertido vídeo.

Anuncios