Coma sabedes os Cocoricos pasaron todo o ano cocinando. Os obxectivos do taller de cociña son varios, pero, os máis importantes son poder manipular e explorar sensorialmente diversos alimentos, probar cousas novas, transformar os alimentos, usar os alimentos que prantamos na horta… e, ademáis, traballar a lectoescritura de xeito ameno e motivador.

Despois de cada taller fixemos a receita na clase, primeiro en equipo na PDI e logo de xeito individual na mesa.

Agora chega o momento de darlle forma a todas esas receitas e pensamos que o mellor era facer o noso propio libro de cociña. Para facer o libro tivemos que facer unha de chea de cousas: picar, cortar, pintar…

A ver se vos animades e facedes vos as receitas do libro ou outras novas que podamos levar a cabo na aula no vindeiro curso.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow generated with Smilebox
Anuncios