Esta última semana a profe Luisa de 4º que tamén criou vermes de seda trouxonos os seus vermes a clase. Resulta que despois de que as bolboretas puxeran os ovos estes eclosionaron. Isto é algo incrible, xa que, en condicións normais, os ovos hai que gardalos nun lugar seco ata a primavera seguinte, momento no que nacen os vermes. Pero, non sabemos porque, estes vermes decidiron que querían nacer xa.

Anuncios