Archivo mensual: septiembre 2013

Os meus sapiens, pouco a pouco comezan a dar os seus pasiños por este novo curso. Xa son maiores e están máis maduros e iso vese reflexado nos seus ordenados xogos nos recunchos, por iso nesta ocasión quixemos deixarvos aberto un buratiño para que vexades que organizados están e que ben se portan nos diferentes recunchos da aula. Aínda que neste momento nos están funcionando todos.


BIZCOCHO CHOCOLATE

Este curso, igual que o pasado, despois de cociñar imos escribir as receitas. Pero, desta volta facémolo por equipos. Non hai referentes visuais asi que temos que analizar as palabras na nosa cabeza e escribilas como pensamos que son.
A ficha da receita, como podedes ver a continuación non da pistas, por una banda van os ingredientes y por outro, os 7 pasos que aparecían na receita orixinal. (Tedes as fichas na caixa de recursos, no apartado de Taller de Cociña)

RECETA
Custalles un pouco, sobre todo, o traballo en equipo, pero, aínda así xa veredes ao final do vídeo coma todos completaron a súa receita. Iso si, non quedou coma o orixinal pero, de seguro que ao longo do curso iremos mellorando.


A semana pasada foi moi, moi intensa. Para comezar Alba recibiu un comentario no blog que lle fixo moitísima ilusión. O martes recibimos un correo dunha amiga que non coñecemos, chámase Magdalena e mandounos unha receita de bizcoito así que o mércores fomos a cociñar.
Os Cocoricos fixéronno todo sos. Nesta primeira sesión fixemos a receita entre todos pero a partir do mes, no noso taller de cociña, os Cocoricos van facer a receita por equipos.
O mércores Alba encargouse de ler a receita, ao chegar encendemos o forno, puxemos os ingredientes na mesa e comprobamos que estiveran todos e logo puxémonos mans a obra.

Sinto non ter todo o vídeo pero estropeóuseme a cámara e so recuperei a parte final da sesión. É unha pena que non o poidades ver enteiro porque o fixeron xenial. Bueno, esquecéronse de botar o azucre e de misturar a levadura antes de botala no bol pero, aínda así, a receita saiu moi ben. Aquí vos deixo o que puiden recuperar.
Non vos esquezades de mandar as vosas receitas ao noso correo.


Nos aniversarios deste mes non tivemos ningún agasallado pero fixemos uns ratiños de queixo deliciosos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own digital slideshow

Neste mes, os SAPIENS non tiveron ningún cumpreañeiro pero celebraron moi contentos o comezo dos talleres de cociña dos aniversarios.

Nesta ocasión empregaron: galletas, queixiños, mini-lacasitos, galletiñas salgadas e gominolas. Foi una receita de elaboración moi sinxela pero altamente creativa. Queredes ver que bonitos nos quedaron pois atentos, atentos…


Este ano temos un novo proxecto co que imos traballar todo o ano.
Imos traballar sobre , Reboreda, o río Alvedosa, a praia de Cesantes, a illa de San Simón… É dicir, sobre a nosa contorna. Queremos que os peques coñezan mellor o seu entorno, as nosas tradicións, festas, coma xogaban os seus maiores de pequenos, onde xogaban… Por iso necesitamos a vosa axuda, calquera cousa que teñades na casa sobre Redondela, Reboreda, a illa de San Simón… non dubidedes en enviala ao cole a través dos peques para que teñamos material co que arrancar. Calquera cousa pode valer: fotos vellas, un mapa, algún libro da contorna, cunchas recollidas na praia, folletos informativos… De seguro que tedes máis do que pensades.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA, ESPERAMOS AS VOSAS APORTACIÓNS!!!

Nos xa recollemos estas páxinas webs, se coñecedes algunha outra que nos poida ser de utilidade comunicárnolo polas vías de sempre, correos dos nen@s, a administración do blog ou cos vosos comentarios.

redondela

Tamén contamos coa axuda dos blogs colaboradores aínda que sabemos que é un tema moi concreto. De todos os xeitos, se tedes algunha idea estaremos encantadas de recibila.


OS NENOS QUE FORMAN A CLASE DOS COQUIÑOS DE 3 ANOS, XA PISARON O COLE E COMEZARON A COÑECER TODO O QUE LLES ESPERA ESTE CURSO CHEO DE NOVEDADES PARA ELES. XA O IREMOS COÑECENDO POUCO A POUCO PERO PARA QUE VEXADES QUE NON O PASAN NADA MAL, AQUI TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA.
SAUDOS.



A %d blogueros les gusta esto: