A semana pasada foi moi, moi intensa. Para comezar Alba recibiu un comentario no blog que lle fixo moitísima ilusión. O martes recibimos un correo dunha amiga que non coñecemos, chámase Magdalena e mandounos unha receita de bizcoito así que o mércores fomos a cociñar.
Os Cocoricos fixéronno todo sos. Nesta primeira sesión fixemos a receita entre todos pero a partir do mes, no noso taller de cociña, os Cocoricos van facer a receita por equipos.
O mércores Alba encargouse de ler a receita, ao chegar encendemos o forno, puxemos os ingredientes na mesa e comprobamos que estiveran todos e logo puxémonos mans a obra.

Sinto non ter todo o vídeo pero estropeóuseme a cámara e so recuperei a parte final da sesión. É unha pena que non o poidades ver enteiro porque o fixeron xenial. Bueno, esquecéronse de botar o azucre e de misturar a levadura antes de botala no bol pero, aínda así, a receita saiu moi ben. Aquí vos deixo o que puiden recuperar.
Non vos esquezades de mandar as vosas receitas ao noso correo.

Anuncios