Archivo mensual: octubre 2013

A seguinte actividade desta semana foi preparar chulas de cabaza coa carne que baleiramos o luns. O martes os nen@s de primeiro nos convidaron ao salón de actos e nos explicaron coma se fan as chulas. Estivemos moi atentos a todo o proceso. Logo volvemos para clase porque as profes Martina e Ceci tiñan que facer máis de cen chulas e seguimos traballando ata a hora do recreo cando puidemos degustalas.

ESTABAN BOÍSIMAS!!
MOITAS GRAZAS A PROFE CECI E A PROFE MARTINA POLA DEDICACIÓN, AS GANAS, O ENTUSIASMO E TODO O TRABALLO QUE PASARON PARA COMPARTIR CONNOSCO E COS SEUS ALUMNOS AS CHULAS. UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA VOLVER A TRABALLAR XUNTAS E EN EQUIPO.

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free digital slideshow
Anuncios

Este ano, igual que o curso pasado volvemos a repetir a experiencia de traballar con 1º. Fixemos unha chea de actividades, a primeira baleirar e decorar cabazas. O baleirado fixémolo porque ao día seguinte os de 1º fixéronnos chulas de cabaza coa carne das mesmas. O taller saiu xenial, daba gusto ver a Cocoricos e nen@s de primeiro, os antigos waters, traballando a reo. Aquí vos deixamos un resumo.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox

NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, COINCIDINDO COA PARTE DO PROXECTO DA NOSA CONTORNA: O MEDIO NATURAL, OS COCORICOS B COMEZAMOS A COÑERCER AS ÁRBORES QUE NOS RODEAN. LUCÍA P. TROUXO AO COLE UNHAS LANDRAS E ASÍ COMEZOU O NOSO TRABALLO. CADA COCORICO APORTOU, COA AXUDA DAS FAMILIAS, FROITOS E FOLLIÑAS QUE EXPLICAMOS NA CLASE ASÍ DE BEN:


Aquí vos deixamos un symbaloo cheo de recursos de Samaín que fixo a profe Patri Pena e que está xenial. Clicade na imaxe e iredes ao symbaloo, unha vez alí clicades en cada cadrado e escolledes xogos, manualidades… Aproveitade estes días de chuvia para investigar.

symbaloo samain


O venres pasado, ademáis dos aniversarios fixemos talleres de Samaín no patio. Os peques podían facer antifaces, debuxos ou maquillarse. Para iso os profes nos distribuimos por talleres e fomos atendendo aos peques durante os mesmos. Eu estiven no taller de maquillaxe e aquí vos deixo as imaxes dos peques que pasaron por alí a cambiar de cara.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow personalized with Smilebox

Os sapiens e os cocoricos “A” levaban días ansiosos preparando a chegada das súas novas mascotas, unhas pequenas tartarugas de orellas vermellas.

E despois de tan longa espera chegou o gran día. Montse trouxo a dúas fermosas tartarugas de dos meses de idade e contounos una chea de cousiñas que debíamos saber dos coidados destas pequenas mascotas. Pero os sapiens e os cocoricos non perderon detalle e incluso fixéronlle un montón de preguntas á nosa convidada.

Tantas foron as cousas das que falamos que non puidemos quitar nin un detalle desta interesante actividade polo que tivemos que facer dous vídeos con todas as explicacións de Montse e todas as preguntas destes pequenos investigadores. Esperamos que aprendades tanto coma nós con estes simpáticos vídeos.


AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS DOS ANIVERSARIOS MONSTRUOSOS DESTE MES CON PANTASMAS E CABAZAS DE SAMAÍN.

PARABÉN A TODOS OS CUMPLEAÑEIROS! EN ESPECIAL A NOSA COCORICA DANIELLA!



A %d blogueros les gusta esto: