O curso pasado os Cocoricos criaron vermes de seda. Foi unha experiencia maravillosa ver o emocionados que estaban cos vermes e coma os coidaban con todo o seu agarimo. Así que rematei o curso convencida de que tiñamos que ter seres vivos na aula por coma motivan aos nen@s, polas obrigas que conleva, polos hábitos e rutinas que se incorporan na dinámica da aula…
Este ano en VOZ NATURA, proxecto do que formamos parte por 4º ano consecutivo, o tema de traballo son os Ríos e os Mares así que decidimos unir as mascotas da aula co tema de voz natura, como? Tendo un anaco de río na nosa clase.
Montse, unha mamá dun alumno de primaria que traballa nunha tenda de animais, veu ao cole o pasado venres a compartir connosco os seus coñecementos. Tamén nos vai traer os peixes e guiar en todo o proceso. Xuntamos para isto os rapaces de 5ºA que xa tiveron acuario o ano pasado e que nos deron pequenos consellos para a nosa nova experiencia, os alumnos de 3º A, os meus queridos Vincis, que tamén están no proxecto e van ter un acuario de agua quente e, coma non, os Cocoricos que imos ter un acuario de agua fría.
Son dos vídeos longos pero non quixen cortar nada porque é moi interesante escoitar a Montse e aprender cousas dos peixes. Mirade que atentos están os Cocoricos. Podedes preguntarlles na casa, saben moitísimo despois de escoitar a Montse. Agora so queremos que chegue o próximo venres para ter os peixes na aula.


Anuncios