Esta semana xa comezaron as sesións de lectura silenciosa do noso cole e os sapiens, como bos veteranos, fixérono xenial!!!

Pasaron uns meses de vacacións e as primeiras semanas de adaptación e, entrado xa o mes de outubro, a vida da escola xa está a pleno rendemento. Unha das actividades que máis lles gustan aos sapiens é…. “a lectura silenciosa”, e a pesar de tantos meses desconectados volveron a facela moi ben. Todos e todas caladiñ@s, observando con atención cada detalle do seu libro e compartindo aquelas lecturas interesantes cos seus mellores amigos. Queredes ver que ben fan esta actividade e que ben saben seguir as normas? Pois atentos, atentos que este vídeo vai comezar….

Anuncios