Este curso cando os sapiens chegaron á nova aula déronse conta que agora todos os carteis e etiquetas da aula estaban en maiúsculas pero xa non tiñan o apoio visual de fotografía ou imaxes. Para empezar recordamos e xogamos cos nomes dos sapiens, tentando recoñecelos e atopar de quen e cada un deles. Nesta ocasión quixemos traballalos dun xeito máis orixinal e máis motivador. Fixemos un tendal moi divertido no que tivemos que ir clasificando e identificando cada un deles para poder colgalos ordeadamente nun tendal-abecedario. Queredes xogar con nós? Pois… mirade que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos!!!

Anuncios