Archivo mensual: noviembre 2013

Noutra das sesión de bimodal na nosa aula, estivemos repasando coa profe Alejandra e con Brais as profesións. Despois fixemos un xogo para practicar as posición corporais e pasámolo xenial.


Os Cocoricos seguimos xogando coas letras para coñecelas mellor e na nosa pescuda de novos aforcados esta semana descubrimos este con pistas que nos encantou. Podemos xogar contra o ordenador ou contra outro contricante. Familias atrevédesvos?
AHORCADO


image


Dende o curso pasado os Cocoricos, unha vez a semana, facemos un sudoku na PDI. Ata agora faciamos os sudokus ata o 6 e xa os tiñamos dominados. Así que este curso comezamos ata o 9. Pouco a pouco foron saindo así que chegou á hora de complicalo un pouco máis.
Que pasa cando non hai ningunha fila onde so falte un número ou dous? E se en todas as filas faltan 5 números? Como se pode resolver? Mirade, mirade, os Cocoricos van darvos a solución.


Este mes os Cocoricos volvemos a recibir unha receita da nosa amiga misteriosa Magdalena. Nesta ocasión convidábanos a facer Palmeiras de chocolate. Coma a receita parecía sinxela decidimos facelas por equipos. Cada equipo repartiu funcións na aula e fomos a cociña. Todos conseguiron facer as palmeiras e a verdade é que quedaron boísimas. Aquí tedes todo o proceso.

Despois, coma sempre, escribimos a receita por equipos e, nesta ocasión todos o fixeron moi ben. Teño pouca filmación porque quedei sen batería pero para que vos fagades unha idea creo que chega.

A ver se o próximo mes vos animades e nos mandades algunha receita de nadal.


Na biblio de Margarida estamos dando forma entre todos os nenos e nenas do cole de Reboreda ao noso particular “Carballo dos 100 contos”. É una árbore diferente e moi orixinal que se enche de cores coa axuda de todos os nenos e nenas. Pouco a pouco os peques vanse animando e van deixando as súas recomendacións nas pólas desta árbore tan particular. Mirade que fermosa se está poñendo coa axuda de todos.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Free digital scrapbooking design customized with Smilebox

Por fin arrancamos co noso proxecto deste ano.
Despois da visita a Redondela tiñamos algúns temas pendentes para seguir as nosas pescudas na aula. O primeiro que quixeron investigar os Cocoricos foi o “Mono Paco”. Vimos vídeos, escoitamos opinóns e, pouco a pouco, fomos coñecendo a historia. Agora que xa a sabemos os Cocoricos escribiron a historia por equipos eles sos, sen referentes visuais e agora vola queren contar. Estade atentos a todos os detalles!!!



A %d blogueros les gusta esto: