Levounos varias sesión pero ao final demos rematado o noso simpático morcego para levar o día de samaín.

Tivemos que pintar de negro os tubos de cartóns dos rollos de papel hixiénico despois démoslle una capa de purpurina para facelo máis fermoso, logo picámoslle as ás e por último puxémoslle os ollos con plastilina e a boca con rotuladores metalizados

O que os sapiens non sabían era que eses pequenos e terroríficos morcegos ían levar unha pequena sorpresiña dentro da súa barriga, doces caramelos e deliciosas gominolas.

Agora imos deixarvos un pequeno vídeo de como pouco a pouco fomos dándolle forma ao noso simpático morcego.

Anuncios