A semana pasada os sapiens e o resto dos pequesreboreda participaron con moita ilusión nos diferentes talleres de samaín nunha actividade interciclos, cos amigos de primeiro e segundo de primaria. Un día baleiramos cabazas e aprendemos una sinxela canción de samaín coa profe Martina, outro día fixemos chulas e o mércores puidemos ver una pequena obra de teatro moi divertida.

Graciñas a todas as profes do primeiro ciclo por facernos partícipes nunha actividades tan especiais para celebralo samaín.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo de todas estas actividades interciclos.

Anuncios