Esta semana, os sapiens tiveron una visita moi especial. Daniel levaba, como loco, moitos días coa idea de que o seu tío e a súa mascota visitaran a clase dos sapiens porque a nosa mascota, a nosa pequena tartaruga, tamén se chama Lula, como a mascota de tío Nené. E todo fora idea de Daniel xa que o día que eleximos o nome da tartaruga cautivounos a todos cando dixo o nome de “Lula” e os sapiens non tiveron nin un atisbo de dúbida, a nosa mascota chamaríase así. Polo que un día invitamos a tío Nené e a Lula á nosa clase para contarnos algunhas cousiñas da súa mascota porque nós xa sabemos moitas da nosa.

Estivemos atentos e fixemos moitas preguntas aínda que ás veces costábanos un pouco porque Lula estaba nerviosa e facíanos rir sen parar. Graciñas tío Nené, Lula e Daniel por compartir con nós unha actividade tan interesante!!!

Anuncios