A semana pasada Roi trouxo grelos para prantar pero a chuvia non nos deixou. Todos os días mirabamos para o ceo pero non deixaba de caer auga así que deixámolos nun caldeiro ata este xoves, cando a chuvia deunos un respiro no recreo.
Unha vez máis os maiores viñeron a botarnos unha man, limparon a horta de malas herbas, fixeron o rego e logo axudáronnos a prantar. Algúns dos grelos xa estaban estropeados porque pasaran moitos días, a ver se os que nos quedaron van arriba.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow customized with Smilebox
Anuncios