Este ano que xa temos cinco anos as nosas visitas a biblioteca van ser moi interesantes. Primeiro porque este ano podemos escoller nos os contos, os anos pasados facía a profe unha selección e levabamos os contos xa previamente seleccionados.

Seleccionar nos os contos fai que teñamos que ver ben os libros que hai e ter un criterio propio para escoller. Pode ser que despois non nos gusten ou que sexan moi longos pero así tamén aprenderemos a ir seleccionando mellor en cada ocasión. Ademais, este ano imos cubrir unha libreta de lectura onde poremos o título e a nosa opinión do conto e se queremos ou non recomendalo. Aquí vos deixamos uns retazos da nosa primeira visita.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow customized with Smilebox
Anuncios