Por fin arrancamos co noso proxecto deste ano.
Despois da visita a Redondela tiñamos algúns temas pendentes para seguir as nosas pescudas na aula. O primeiro que quixeron investigar os Cocoricos foi o “Mono Paco”. Vimos vídeos, escoitamos opinóns e, pouco a pouco, fomos coñecendo a historia. Agora que xa a sabemos os Cocoricos escribiron a historia por equipos eles sos, sen referentes visuais e agora vola queren contar. Estade atentos a todos os detalles!!!

Anuncios